viernes, 22 de marzo de 2024

POLICÍA LOCAL

Esta semana acercámonos máis ao coñecemento das normas de educación viaria grazas á colaboración da Policía Local de Salceda.

O pasado luns visitamos as instalacións municipais e puidemos ver de preto os vehículos de emerxencias.


Onte, xoves 21, unha parella da policía veu ao centro a darnos unha charla para que coñecésemos máis de preto a súa labor. Recordáronnos as normas de educación viaria principais,  que debemos de ter sempre en conta á hora de camiñar e desprazarnos, tanto en coche como en bicicleta. Tamén nos ensinaron o que debemos de facer ante unha situación de urxencia.




miércoles, 6 de marzo de 2024

RECOÑECEMOS AS SINAIS

Esta semana colocamos nos corredores do colexio as sinais que previamente traballamos nas aulas. 

Deste xeito repasamos o seu significado, presentámolas ao resto dos compañeir@s e ao mesmo tempo "decoramos".



lunes, 19 de febrero de 2024

ACTIVIDADES DE PRESENTACIÓN E INICIACIÓN

Para comezar o noso proxecto , nas últimas semanas, leváronse a cabo algunhas actividades de presentación do tema. Entre elas, presentación de vídeos, elaboración de sinais e primeira charla da DXT. 

Deste xeito poñemos ao alumnado "en situación" e coñecemos o punto de partida para seguir traballando.




ELABORACIÓN DE SINAIS DE TRÁFICO




CHARLA DXT  15/02/2024


                                   


PRESENTACIÓN PROXECTA

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA 

No marco do Plan Proxecta 23-24 no noso centro levarase a cabo o programa de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA mediante o nome "SEGURIÑO".

O que se pretende co desenvolvemento deste programa é a creación de hábitos de desprazamentos cara modelos máis seguros, activos e sostibles.